Folgas indefinidas na industria auxiliar de Navantia Fene e Ferrol

Aínda non hai calendario, pero os traballadores critican que o preacordo para o convenio provincial é peor que o de hai 16 anos.


|

Navantiaferroltraballadores

Traballadores de Navantia Ferrol, nunha protesta.


Os traballadores da industria auxiliar que desenvolven a súa actividade nos estaleiros de Navatia na ría de Ferrol decidiron, en varias asembleas, "a convocatoria dunha folga de carácter indefinido para loitar polos acordos do ano 2001". Así o asegurou Vicente Vidal, responsable de CIG Industria na comarca de Ferrol, en declaracións a Europa Press, tras manter nas últimas horas ata tres asembleas xerais nos estaleiros de Fene e Ferrol con operarios de compañías.


Na primeira delas, na antiga Astano, foron os traballadores de Windar Renovables e Galictio os que ratificaron e mantiveron a mesma posición que o resto de operarios deste centro de traballo, que o pasado venres, 22 de setembro, se situou a favor de iniciar os paros, durante unha asemblea na quenda de mañá.


Tamén na antiga Bazán se situaron, segundo o representante do sindicato, "en pleno, a favor da folga", tanto na asemblea da mañá como da tarde.


Tras esta decisión, segundo Vidal, faranse efectivas estas convocatorias de folga indefinida e pactarase con eles o calendario de mobilizacións", e tamén "as accións e medidas de presión a realizar".


CRÍTICAS A CCOO E UXT


A convocatoria destes paros é como consecuencia do preacordo ao que chegaron os sindicatos CCOO e UXT coa patronal para rubricar un novo convenio provincial do metal no que quedan sen incluír os denominados acordos do ano 2001.


Naquel momento, tras varias semanas de folga nos estaleiros de Ferrol, asinouse un acordo entre a dirección de Navantia, dirección de industrias auxiliares e sindicatos que establecía unha serie de melloras con respecto ao convenio provincial daqueles operarios que realizaban a súa tarefa nas instalacións da empresa naval pública.


Agora, en 2017, os tres sindicatos comprometéronse a incluír no convenio provincial as táboas salariais do ano 2001, para todos aqueles traballadores que realizan a súa actividade nos estaleiros de Navantia na ría de Ferrol, algo que non aparece recollido no preacordo asinado coa patronal cos dous sindicatos estatais.


relacionada Preacordo para o convenio que "pon fin ao conflito" do metal na Coruña

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE