Os empresarios galegos rexeitan unha solución para Cataluña que incremente a desigualdade entre rexións

As confederacións empresariais decláranse "radicalmente en contra" do referendo "ilegal".


|

EmpresariosconselleirocondeRepresentantes dos empresarios, co conselleiro.

As confederacións empresariais galegas mostráronse "radicalmente en contra" do referendo catalán suspendido polo TC, e trasladaron a súa "forte preocupación" polas consecuencias da situación política do territorio para todo o Estado.


"Calquera melloría da actividade económica necesita de seguridade xurídica e estabilidade, e a historia mostra que a maior unión e tamaño, maior forza e desenvolvemento socioeconómico", sinalan as entidades nun comunicado conxunto.


Os empresarios defenden "a actual configuración do estado das autonomías" e rexeitan "calquera solución que supoña incrementar as diferenzas entre rexións, aumentando a desigualdade e a pobreza" do país.


Neste sentido, apostan polo diálogo e pola procura de "solucións consensuadas", sen que isto supoña "máis privilexios para unhas rexións en detrimiento doutras. A pesar diso, as confederacións apoian, á súa vez, "todas as accións que se consideren necesarias" para "facer cumprir a legalidade".


APERTAR AS COMUNIDADES POBRES


Con todo, o presidente do Círculo de Empresarios, Javier Vega de Seoane, propuxo un sistema de financiamento autonómico que esixa ás comunidades autónomas receptoras de fondos a implementación de reformas, de forma que as rexións non reciban axudas "gratis e sen condicións".


Sinalou que tras 40 anos de democracia e transferencias das CC.AA. máis ricas ás máis pobres a brecha "segue sendo a mesma".


"Algunha comunidade fortemente receptora presumía de baixar impostos cando outras que eran doadoras tiñan que subilos. Aí si que hai agravio comparativo", criticou Vega de Seoane, quen opina que estes comportamentos son "disparatados" e acaban xerando "mal clima". Por iso, aposta por unha reforma "grande" de forma que "os que van atrasados fagan deberes, espabilen e aceleren".


AS PROPOSTAS DE FOMENTO DE TRABALLO


Sobre as propostas do presidente de Fomento do Traballo, Joaquim Gai de Montellà, de recuperar o diálogo para crear un novo Estatut, que inclúa un pacto fiscal na liña do cupo vasca, Vega de Seoane dixo velo "lóxico" e "razoable", xa que co anterior houbo "desencontros e torpezas" no tratamento, aínda que "outra cousa é que sexa posible".


relacionada Galicia é a oitava comunidade en financiamento por habitante
relacionada Un posible cambio ao medir a dispersión ameaza o financiamento de Galicia
relacionada Hacienda recibe as conclusións dos expertos en financiamento autonómico

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE