Comeza a fase de votación dos orzamentos participativos de Santiago

Os veciños poden decidir en que se invisten 1,5 millóns de euros, entre as 133 propostas que chegaron ata o final.


|

MariarozasconcellosantiagoMaría Rozas, durante unha rolda de prensa.


A concelleira de Economía e Facenda de Santiago de Compostaela, María Rozas, deu conta este luns do comezo da última fase dos orzamentos participativos de 2018, cuxo período de votación estará aberto ata o próximo 15 de outubro. Os veciños poden decidir en que se invisten 1,5 millóns de euros de orzamento municipal, dividido en catro zonas da cidade e en actividades para festas do Apóstolo 2018 e mocidade.


Como explicou María Rozas, "o pasado xoves finalizou o proceso de avaliación técnica por parte dos distintos departamentos do Concello e o venres abriuse o proceso de votación coas 133 propostas que pasaron fíltroo técnico". Fai falta lembrar que as propostas descartadas, ou ben non eran competencia municipal, ou ben superaban o orzamento dispoñible ou non eran investimentos. "En total, as propostas supoñen case 10 millóns de euros", engadiu.


PROPOSTAS


Na área que engloba todo o municipio, á que se destinan un total de 400.000 euros, destacan propostas relacionadas co medio ambiente e co benestar animal, así como outras vinculadas á mobilidade.


Na zona norte, a poboación aposta por investimentos relacionados coa humanización de rúas, colocación de beirarrúas, parques biosaudables ou illas de compostaxe, "como as que se foron instalando nalgúns barrios da zona norte por parte da concellería de Medio Ambiente", lembrou a concelleira.


No caso do rural norte, as propostas céntranse en parques biosaudables, mellora de espazos de lecer ou centros sociocultural, así como saneamento e abastecemento. No rural sur van máis enfocadas á construción de beirarrúas e á mellora nos equipamentos deportivos.


Finalmente, no caso de mocidade e festas destacan propostas "que xa se fixeron o ano pasado no proceso de orzamentos participativos de mocidade" e tamén propostas de actividades para o próximo Apóstolo 2018 relativas á descentralización das festas ou á perspectiva de xénero. Tal como lembrou María Rozas, pódense consultar as 133 propostas en decide.santiagodecompostela.gal.


A concelleira de Economía e Facenda mostrouse ademais moi satisfeita pola participación este ano, que creceu un 60% en relación ao ano anterior.


relacionada Os orzamentos participativos de Santiago pasan a segunda fase con case 5.000 apoios
relacionada Os orzamentos participativos de Santiago reciben case 300 propostas válidas

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE