O bebé abandonado nun colector está coa súa familia de acollida

Recibiu a alta este luns, tras oito días ingresado na unidade de neonatos. Aínda non localizaron á nai.


|

Bebenacimientosdemografia


O recén nacido atopado nun colector de lixo de Ourense recibiu este luns pola mañá a alta no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) e xa se atopa ca familia de acollida.


O bebé estivo ingresado oito días na unidade de neonatos do CHUO ata confirmar que o seu estado era o óptimo.


O neno naceu prematuro, dunhas 37 semanas de xestación e cuns dous quilos de peso, o que puido supoñer riscos na súa saúde pola escasa maduración dos seus pulmóns, a falta de graxa que lle permita regular mellor a temperatura exterior e a falta de tempo para mellorar o funcionamento dos seus órganos internos.


NON LOCALIZARON Á NAI


Fontes da investigación confirmaron que "de momento non hai novidades" na investigación e que se segue coas liñas iniciadas a pasada semana.


Por unha banda estanse cotexando os datos das mulleres que saían de contas coincidindo coa idade do bebé para ver a súa situación actual e comprobar se algunha delas podería ser a nai.


As investigacións iniciáronse entre as mulleres da Ponte e de Ourense, pero xa se estenderon a outros puntos da provincia.


Tamén se están analizando as probas atopadas no colector, tras a análise dos restos na manta que envolvía ao neno e outra bolsa que contiña restos do parto.


relacionada O bebé abandonado en Ourense xa ten unha familia de acollida
relacionada Colaboración cidadá para dar coa nai do bebé achado nun colector
relacionada Atopan un recén nacido nun contedor de lixo de Ourense

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE