Juanfran: "Pepe Mel é o mesmo que nos sacou dun momento fodido"

O lateral defende que o adestrador non é o problema e que "nos vén ben porque xa estivo en situacións complicadas".


|

JuanfrandeporpartidoJuanfran, contra o Espanyol. Foto: RC Deportivo


Un dos capitáns do Dépor, peso pesado no vestiario e un fixo para Pepe Mel, Juanfran Moreno compareceu este luns ante os medios de comunicación para mostrar o apoio dos xogadores ao técnico.


"Estamos a morte con el", proclamou o lateral. "Un adestrador coa súa experiencia vénnos ben porque xa estivo en situacións complicadas. É o mesmo que nos sacou dun momento fodido", argumentou.


Juanfran contou que esta mañá Pepe Mel lles deu unha charla "e ten máis razón que un santo". Na análise saíron as dúas carencias do equipo, "un problema mental e tamén de fútbol".


O primeiro deles pode solucionarse gañando o sábado en Riazor contra o Xetafe. "Se gañamos ao Xetafe todo cambia e será un bo xute de enerxía forte", razoou o lateral.


Para o problema futbolístico, a receita de Juanfran pasa por manter a portería a cero. Conscientes de que "o equipo ten gol, marca sempre", hai que poñer solución aos tantos recibidos, que sitúan o Dépor, con 15, como o conxunto máis goleado.


Iso si, advirte de que non é só culpa da defensa. "O balón chega ao dianteiro fácil porque vén de atrás. É unha cousa de todos, todos temos que ser máis fortes e agresivos", reprochou.


relacionada Juanfran fai autocrítica: "Temos que subir o nivel"
relacionada O Dépor reparte cinco brazaletes: Mosquera, Borges, Sidnei, Juanfran e Navarro
relacionada Juanfran queda: "Nunca tiven ningún motivo para saír"
relacionada Tino Fernández insiste en chamar á calma polo rumbo do equipo

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE