A ultradereita convértese na terceira forza en Alemaña e Merkel gaña as eleccións

Os resultados provisionais dan á actual chanceler ao redor dun terzo dos votos, polo 20% dos socialdemócratas de Martin Schulz.


|

Merkelcdu"Que se vaian preparando", di a ultradereita.


Os resultados provisionais das eleccións alemás dan a vitoria á actual chanceler e candidata dos democristiáns, Angela Merkel, que leva doce anos no poder. Segundo estas cifras, o CDU álzase co 33% dos votos, fronte ao 20% dos socialdemóctratas, de Martin Chulz.


E como auguraban a maioría das sondaxes, por primeira vez no último medio século un partido ultranacionalista e de extrema dereita, como é Alternativa para Alemaña (AfD), entra no Bundestag (cámara baixa). A formación populista, que co seu discurso nacionalista, antiinmigración e antiislam se beneficiou das críticas á xestión migratoria da chanceler, postúlase como a terceira forza máis votada, con case o 13% dos sufraxios.


O candidato do partido ultradereitista, Alexander Gauland afirmou: "Que se vaian preparando para o que lles espera". "O Goberno que se abrigue porque imos a por el. Imos recuperar o noso país e o noso pobo", apostilou o veterano político.


Amplía esta información en Pressdigital.


relacionada O PSOE fíxase en Alemaña para unha reforma federal de España
relacionada Un español, entre os máis de 200 detidos nas protestas contra o G-20
relacionada Macron, novo presidente de Francia esmagando a Le Pen

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE