As mocidades do PPdeG abren unha nova etapa para facer fronte ás "organizacións de esquerdas"

Novas Xeracións proclaman presidente a Adrián Pardo co 86 por cento dos votos e aspiran a ser un proxecto "atractivo" para os mozos galegos.


|

NnxxadrianpardoAdrián Pardo, na súa intervención. Foto: @novasxeracions


O coruñés Adrián Pardo foi proclamado este sábado presidente de Novas Xeracións, a organización xuvenil ligada ao Partido Popular de Galicia, co 86 por cento dos votos. Deste xeito, este mozo de Oleiros de 23 anos tomou as rendas de NNXX de mans de Diego Gago, actual presidente de Novas Xeracións en España.


O seu obxectivo, tal e como subliñou na súa intervención, é seguir facendo de Novas Xeracións a organización xuvenil "máis forte" de Galicia, así como un proxecto "atractivo" para os mozos galegos.


"Temos que ser o mellor escaparate do noso partido ante a sociedade e facer fronte ás mentiras e á demagoxia das organizacións de esquerdas", remarcou ante máis dun centenar de mozos de Novas Xeracións e ante Núñez Feijóo; o secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado; o portavoz deste partido no Parlamento, Pedro Puy; e a deputada en Madrid Pilar Rojo, entre outros.


A continuación, lembrou aos seus compañeiros do Partido Popular de Oleiros e asegurou que a organización xuvenil que agora lidera ten "un gran pasado e un gran futuro". En alusión a ese pasado, Adrián Pardo referiuse ao ex presidente da Xunta Gerardo Fernández Albor, nomeado este venres presidente de honra de NNXX, quen este sábado non puido acudir a este congreso debido a un proceso catarral.


"LOITAR CONTRA POPULISMOS"


Albor, destacou o novo presidente de NNXX, iniciou o "soño autonómico", un soño que, precisou, hoxe seguen todos os membros do PPdeG e de Novas Xeracións.


Pero ademais, comparou o Goberno de Carles Puigdemont co de Alberto Núñez Feijóo para facer fincapé en que un é a "antítese" do outro. Neste sentido, apostou por loitar contra os "populismos" e animou aos seus compañeiros de NNXX a facelo tamén desde a universidade.


relacionada O galego Diego Gago, elixido presidente de Novas Xeracións do PP
relacionada O PPdeG encarga a Novas Xeracións ser a súa "conciencia crítica"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE