O IVE do cinema baixa ao 10% e o ministro espera palabras "amables" en San Sebastián

"Os impostos baixan porque a cultura é algo que nos fai felices", di Méndez de Vigo.


|

Salacine 1



O ministro de Educación, Cultura e Deporte, Íñigo Méndez de Vigo, confirmou que os orzamentos xerais do Estado para 2018 contemplarán a baixada do IVE ao cinema do 21 ao 10 por cento e chanceou asegurando que espera agora que o sector lle diga "algo amable" esta noite no Festival de San Sebastián.


"Creo que será unha noticia ben recibida e espero que polo menos me digan algo amable esta noite", sinalou tras confirmar a baixada do IVE durante a rolda de prensa do Consello de Ministros, que supon "unha boa noticia e un compromiso que o Goberno cumpre".


Méndez de Vigo explicou que o Executivo "tivo que tomar medidas que non lle gustaban" debido ao estado de "bancarrota" en que atopou as contas. "O Goberno o que quere é baixar os impostos e que o diñeiro estea no peto dos españois. Tomamos esas medidas, pero tamén dixemos que as reverteriamos cando o permitise o contexto económico", engadiu.


"Cando a situación cambiou grazas ao labor do Goberno, os impostos baixan porque a cultura é algo que nos fai felices. Nesa negociación estamos, pero xa podemos adiantar esta baixada, porque é unha boa noticia", matizou.


Ciudadanos e PP acordaron, dentro da negociación dos orzamentos, a baixada do tipo impositivo das entradas de cinema que, despois de cinco anos tributando ao 21%, pasará a ser do 10 por cento, igualándose aos espectáculos en directo.


Trátase dunha reclamación que tanto partidos da oposición, como o sector cinematográfico e asociacións de profesionais, levan realizando desde 2012, cando o Goberno do PP decidiu subir o IVE do sector cultural.


relacionada Cultura anuncia unha baixada do IVE do cinema do 21 ao 10 por cento
relacionada O IVE dos espectáculos en directo baixa do 21 ao 10%

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE