Renfe identifica ante o xuíz o director de seguridade sinalado por Cortabitarte

Andrés Lago deberá agora decidir en calidade de que chama a declarar a Antonio Lanchares, que segue no cargo.


|

AccidentetrensantiagoalviaAntonio Lanchares mantense no cargo.


Renfe identificou a Antonio Lanchares Asensio como director de seguridade no momento da inauguración da liña de tren Alvia Ourene-Santiago e na data na que foi desconectado o sistema de seguridade 'ERTMS'. Este trámite realizouse a petición do xuíz que instrúe a causa do accidente de Angrois.


Nunha providencia emitida este venres 22 de setembro, Renfe cumpre coa petición do Xulgado de Instrución número 3 de Santiago, que o pasado 15 de setembro deu un prazo de cinco días á operadora ferroviaria para que identificase o director de seguridade no momento da inauguración da liña na que se produciu no accidente.


Ademais, o xuíz Andrés Lago tamén solicitaba que fose identificado o responsable de seguridade de Renfe na data na que se produciu a desconexión do 'ERTMS' embarcado no tren.


Na providencia, con data de 22 de setembro, a operadora ferroviaria sinala que en ambos os momentos o director de seguridade era Antonio Lanchares Asensio, que se mantén no cargo na actualidade.


Diversas fontes dan por feito que o xuíz chamará a declarar a este home, Antonio Lanchares, que no seu día compareceu ante a subcomisión do Congreso para analizar o sistema ferroviario a raíz do accidente e que a día de hoxe segue ocupando o mesmo posto.


Unha vez que Renfe cumpriu co requirimento e o xuíz xa recibiu o nome do responsable de seguridade --unha formalidade procesual--, Andrés Lago deberá agora decidir en calidade de que chama a declarar a Antonio Lanchares.


relacionada O PP intenta sacar o accidente de Angrois do foco da comisión parlamentaria
relacionada Bruxelas ameaza con tomar medidas se España non investiga a fondo o accidente de Angrois
relacionada O xuíz de Angrois chamará a declarar a máis cargos e técnicos ferroviarios

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE