Volven avistar unha balea azul en augas galegas, preto de Ons

O Bottlenose Dolphin Research Institute, con sede no Grove, conseguiu captura en fotografías o exemplar de 24 metros.


|

BallenaazulBDRI 1Conseguiron fotografar a balea. Foto: BDRI

As augas galegas seguen dando sorpresas aos investigadores. Este mércores, o Bottlenose Dolphin Research Institute (BDRI), con base no Grove, documentou o avistamento dunha balea azul fronte a Ons.


A entidade confirma que se trata dun exemplar adulto duns 24 metros, ao que puideron fotografar.



Nas súas redes sociais, o instituto debulla a riqueza en biodiversidade mariña que puideron observar nas augas galegas. A modo de resumo, ademais da balea azul, avistaron tamén estes días cinco exemplares de rorcual, 11 caldeiróns, 25 toniñas comúns, centos de golfiños comúns e arroaces.



A balea azul, unha especie en perigo de extinción, pode tratarse do mesmo exemplar visto hai poucos días en augas da ría de Muros, pero o BDRI non o confirmar de momento.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE