Luisinho consegue os primeiros tres puntos para o Dépor

(1-0). O Alavés, pechacancelas, apenas xerou perigo na portería heculina. Os coruñeses tampouco gozaron de demasiado acerto ofensivo.


|

LuisinhoriazorOs xogadores celebran o tanto de Luisinho. Foto: RC Deportivo


Un gol de Luisinho no tempo engadido da primeira metade deu ao Deportivo a primeira vitoria no campionato 2017-2018, ante un Alavés inferior, que apenas xerou perigo ante a portería coruñesa.


Non foi ata case o ecuador do primeiro período, no minuto 21, cando chegou a primeira ocasión do encontro. Un rexeite que caeu a pés de Fede Valverde e que o uruguaio enviou por encima do traveseiro do marco de Pacheco por moi pouco.


Ata entón, os dous equipos batallaron sen cuartel en mediocampo, con moitas faltas, imprecisións e escasas accións ofensivas.


A primeira ocasión do Alavés chegou pasado o minuto 40, nun disparo afastado de Munir que Costel Pantilimon desviou a saque de esquina.


Cando xa non había tempo para máis, Andone recibiu un balón en profundidade, virouse na área e cedeu ao bordo da mesma para a chegada desde atrás de Luisinho. O portugués conectou un zurdazo por baixo que Pacheco foi incapaz de rexeitar. O balón chegou ao fondo das mallas, converténdose no 1-0.


A segunda metade arrincou cos mesmos protagonistas e polos mesmos camiños, aínda que cun Dépor máis metido en campo contrario.


Pasado o minuto 80 o Dépor perdoou a sentenza, tras un contragolpe de libro conducido por Schär. Fede Valverde centrou por baixo ao segundo pau, onde Andone se lanzou ao chan a por todas pero só foi capaz de levar o coiro ao lateral exterior da rede.


O achegamento de maior perigo do Alavés foi nun balón longo que correu Rubén Sobrino, ao que foron Luisinho e Pantilimon e no que acabaron os tres en chan, co balón solto.


relacionada A táboa de topes salariais fai crible o obxectivo marcado por Tino Fernández
relacionada Tino Fernández insiste en chamar á calma polo rumbo do equipo

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE