Rajoy, aos independentistas: "Non sigan adiante, regresen á lei e á democracia"

|

RajoymoncloadeclaracionRajoy, na mensaxe institucional.


O presidente do Goberno advertiu nunha mensaxe institucional que o referendo ilegal de independencia en Cataluña "xa non se pode celebrar" e pediu aos responsables da Generalitat que "cesen nas súas actuacións ilegais". Rajoy mostrou a súa disposición a dialogar, pero sempre no marco da lei.


Rajoy realizou esta declaración despois das 14 detencións que se produciron hoxe en Cataluña, a maior parte delas afectan o núcleo duro da organización do referendo ilegal. Ademais, os axentes incautáronse de case dez millóns de papeletas de voto que se suman ás 45.000 cartas para constituír as mesas de votación que se interviñeron onte.


Tras estas actuacións xudiciais e policiais que imposibilitan materialmente o referendo, o xefe do Executivo reclamou aos responsables da Generalitat que cesen nas súas actuacións ilegais, abandonen os seus propósitos porque "saben que este referendo xa non se pode celebrar". Segundo Rajoy, esa consulta "non é máis que unha quimera imposible ou a escusa que queren usar para profundar a fractura que provocaron na sociedade catalá".


"Non sigan adiante, regresen á lei e á democracia e permitan que a xente poida pasar páxina destes días tan aciagos", argumentou Rajoy.


relacionada Forzas políticas galegas ven nas detencións en Cataluña o "fracaso da vía política"
relacionada Rexistros e detencións de altos cargos cataláns en varias sedes da Generalitat

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress