Santiago e A Coruña acollen os primeiros actos de apoio ao referendo catalán

O de Galiza Nova estivo presidido por un cartel coma os incautados, onde ERC pide "axuda" contra un "Goberno demofóbico".


|

ApoyocatcoruConcentración no Obelisco. Foto: Marea Atlántica


Santiago de Compostela e A Coruña foron os escenarios dos primeiros actos de apoio ao referendo independentista ilegal convocado en Cataluña para o 1 de outubro.


Así, Galiza Nova --organización xuvenil do BNG-- celebrou este martes en Santiago de Compostela o primeiro acto en apoio ao referendo na Facultade de Filosofía, onde se colgou un dos carteis como os que a Garda Civil incautou nos últimos días.


Neste acto, tomaron a palabra Pau Morales e Gonzalo Bonnin, membros das Joventuts d'Esquerra Republicana (JERC) para reclamar "axuda" ante o "Goberno demofóbico" e fronte á reacción dun Estado "antidemocrático", que identifican cun "ataque de histeria".


Nunha sala da universidade chea con máis dun cento de asistentes, o portavoz das JERC, Pau Morales, identificou este "ataque de histeria" do Estado con que: "Basearon todo en que non iamos en serio". "E imos en serio", afirmou nunha intervención con numerosos aplausos.


"A única ameaza real a esta monarquía, a este sistema somos nós", asegurou Pau Morales, antes de apostilar: "Se poden connosco agora mesmo xa nada os vai a parar".


Tras aseverar que o marco legal internacional e o constitucional "permiten" levar a cabo un referendo "pactado", Morales denunciou a situación de "bloqueo político" para impedilo, aínda que di que seguen coa "porta aberta ao diálogo". Por iso, deixa claro que non poden "renunciar ao compromiso coa cidadanía" de realizar esta votación.


Cartelreferendumgalizanova

Cartel coma o incautados en Cataluña.


Así mesmo, Gonzalo Bonnin relatou que ao pasar no avión carteis de apoio ao referendo do 1 de outubro sentíronse como "traficando drogas ou armas", mentres a Garda Civil está "a asaltar" imprentas e almacéns en busca deles. "Só queda unha cousa que é: seguir, seguir e seguir", resumiu.


200 PERSOAS NA CORUÑA


Así mesmo, na Coruña, unhas 200 persoas concentráronse a través dunha autoconvocatoria realizada a través das redes sociais "en defensa dos dereitos civís e o dereito a decidir ante os ataques á democracia e a liberdade que o Estado está a cometer para reprimir o referendo en Cataluña".


Con este obxectivo, fíxose o chamamento para participar nesta concentración que se celebrou baixo o lema 'Polos dereitos civís e o dereito a decidir' , ante o Obelisco. Nela, denunciouse tamén a aprobación da coñecida como lei mordaza'.


Esta denuncia fíxose a través da lectura dun manifesto por parte do escritor Manuel Rivas, nun acto que contou coa presenza do viceportavoz de En Marea e portavoz nacional de Anova, Antón Sánchez, entre outros integrantes de En Marea, así como dirixentes locais de Marea Atlántica e BNG.


Na súa intervención, Rivas defendeu "o dereito a decidir". "Este dereito debe ser exercido baixo ferramentas democráticas", expuxo, tras cualificar de "esperpento" a "persecución das urnas". "As liberdades conquístanse mediante a mobilización popular", engadiu o escritor, para quen "o que está en xogo é a defensa dos dereitos da cidadanía".


relacionada Rexistros e detencións de altos cargos cataláns en varias sedes da Generalitat
relacionada Unha empresa de mensaxería tiña listas para enviar as citacións do referendo ilegal

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE