Galiza Nova celebra o primeiro acto en Galicia de apoio ao referendo ilegal

Unha nova organización de mozos de En Marea defende un proceso constituínte "en clave de república galega".


|

Galizanovabandeiras


A organización xuvenil do BNG, Galiza Nova, reivindica que organiza este martes "o primeiro acto" en Galicia de apoio ao referendo ilegal de Cataluña.


A cita, baixo o título 'A loita pola liberación dos pobos', celébrase na facultade de filosofía da Universidade de Santiago de Compostela.


Consiste, segundo explica Galiza Nova a través dun comunicado de prensa, nunha mesa redonda na que participarán o responsable de internacional de Sortu, Pernando Barrena; o portavoz nacional das JERC e membro da executiva de Esquerra Republicana de Catalunya (ERC) Pau Morales e a membro da dirección de Galiza Nova e do Consello Nacional do Bloque Navia Rivas.


Segundo os organizadores, trátase de explicar a natureza "fondamente popular, democrática e pacífica do proceso que levou ao 1-O" e de poñer de relevo como "en Cataluña 8 de cada 10 persoas manifestan abertamente o seu apoio ao dereito a decidir, aínda que despois uns opten pola independencia e outros por outras fórmulas".


Nesta liña, a organización censura a resposta "represiva" do Estado español fronte á "vontade maioritaria de celebración do referendo".


"REPÚBLICA GALEGA"


Mentres, unha nova organización integrada por mozos de En Marea, Espiral - Mocidade Republicana Galega, ten a apertura dun proceso constituínte "en clave de república galega" entre os seus principios.


A formación, que nace do Preceso 1 de Maio que mozos do partido instrumental puxeron en marcha este ano, remitiu un comunicado aos medios no que destaca a súa vontade de "canalizar a frustración dunha mocidade cansa das falsas promesas e das nulas oportunidades que o réxime do 78 ofrece".


"A necesidade dunha alternativa transformadora que rompa coas estruturas e cos alicerces fundamentais que o sustentan, a superación do patriarcado ou a apertura dun proceso constituínte en clave de república galega, son algúns dos principios que a recentemente constituída Espiral - MRG defende", sinala no comunicado.

relacionada O "demonizado" artigo 155, unha arma que xa non se descarta aplicar
relacionada Os actos que prepara Anova a favor do referendo ilegal "non serán autorizados"
relacionada E se as urnas do referendo non están en Cataluña, senón na Coruña?

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE