A Marea Branca alerta do "engano" da proposta privada das listas de espera

|

Quirofanohospital


A Fundación IDIS lanzou hai máis dunha semana unha soada proposta para acabar coas listas de espera cirúrxica. Con todo, a Marea Branca alerta do "engano" que supoñen as intencións do "máximo lobby sanitario privado".


Nun comunicado, denuncian que as organizacións que forman parte deste gurpo "parasitan e enturban o noso modelo sanitario público e pretenden facerse con el porque resulta unha fonte dunha clientela golosa".


Así, esixen "ás autoridades das nosas institucións que non acepten o engano" do proclamado plan de choque para acabar coas listas de espera.


A Marea Branca critica que "a proposta se dirixe á lista de espera cirúrxica cando o verdadeiro problema radica na infinita lista de espera diagnóstica".


Ademais, destacan que "se refiren exclusivamente á cirurxía, sen contemplar posibles complicacións ou tratamentos de rehabilitación e seguimento que se facturarían a parte"


A 'marea' defensora da sanidade pública considera "ilegal o posible desembolso extraorzamentario dos 1,5 millóns a estas empresas cando se alude ao teito de gasto para non aumentar os orzamentos para o Sistema Sanitario Público".


A única forma posible de diminuír as listas de espera, para este colectivo, "pasa por unha xestión pública eficaz e por un aumento do orzamento que permita equipos e efectivos suficientes".


relacionada O plan da sanidade privada contra as listas de espera custaría 88 millóns a Galicia
relacionada A sanidade privada presenta un "plan de choque" contra as listas de espera

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress