O Celta mantén paralizadas as posibles renovacións de Wass e Jonny

|

Jonnywass


"Nada novo". Así resumiu Daniel Wass á TVG como está a súa renovación, que o director deportivo do Celta recoñeceu que segue paralizada.


O danés, un dos xogadores importantes para Unzué, non oculta a súa molestia, aínda que matiza que quedan "dous anos máis, teño un contrato para xogar ao fútbol e adestrar todos os días"


E se a Wass lle tarda renovar, Jonny recoñece a súa tentación para abandonar o Celta. Este venres reafirmouse na súa vontade de saír, aínda que o ve como unha opción de futuro.


"Díxeno o ano pasado, están aí as miñas palabras, dixen que me gustaría saír, pero non dixen cando", manifestou. Explica este desexo para "vivir experiencias noutras ligas", aínda que matiza que de celeste é "feliz".


O lateral quixo desvincular o bloqueo da renovación destas declaracións. "As miñas ganas de saír non afectan á miña renovación. As negociacións están sobre a mesa e xa veremos que pasa", relatou.


A nivel colectivo, Jonny remarca que están "no bo camiño. Houbo un gran cambio no corpo técnico e as fichaxes, aínda que sexan poucas, teñen que adaptarse. Non chegaron ao comezo os resultados e houbo moitos goles en contra, pero contra o Alavés mantivemos a portería a cero, que xa ía sendo hora".


relacionada Daniel Wass leva catro meses agardando a chamada do Celta para renovar
relacionada Jonny reincorpórase tras as vacacións e volven os rumores

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress