As redes de saneamento, a vista de dron

|

ViaquadronO dron proporciona imaxes en alta resolución e térmicas.

A empresa de xestión da auga Viaqua inspeccionou esta semana a Estación de Regulación de caudais do Porto de Ferrol, onde chega a rede de saneamento da marxe dereita da Ría, sen ter que entrar baixo terra.


Viaqua, que gañou o concurso público convocado por ACUAES para esta infraestrutura, empregou un dron "especificamente fabricado para este tipo de traballos", tal e como informou nun comunicado.





O aparello está equipado cunha cámara e protexido cunha carcasa, e "pode entrar uns 400 metros no interior de conducións que teñan un diámetro de máis de 40 centímetros".


Viaqua conta que está indicado para actuar "en espazos confinados -pozos de bombeo, galerías subterráneas, tanques de tormenta- ou de moita profundidade, lugares inaccesibles para o persoal". Ademais, ten a vantaxe e eliminar riscos aos traballadores, aforra custos e tempo e obtén imaxes en alta resolución e térmicas.


relacionada Ourense e Viaqua solucionarán os problemas de saneamento de 420 vivendas
relacionada Educación e Viaqua poñen en marcha o primeiro FP dual de tratamento de augas en Galicia

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress