España cae ás portas da final cun baño de Eslovenia

|

Basketespeslovenia


España terá que conformarse con loitar polo bronce no Eurobasket, tas verse superada por Eslovenia na semifinal deste xoves, que perdeu por 72-92.


España non tivo o día, nin desde o tiro exterior nin na pintura cun Vidmar defendendo con intelixencia e carácter a Pau Gasol. Prepelic, Dragic, Randolph e un excelso Doncic xogaron un gran partido e destronaron ao campión.


O primeiro cuarto demostrou o pouco acerto dos de Scariolo, que terminaron con 0 de 6 en triplos, polos 6 de 8 de Eslovenia. E ao descanso, España chegou con 4 puntos abaixo.


O terceiro cuarto terminou por rematar á selección española mentres Eslovenia crecía en defensa de forma directamente proporcional ao seu acerto en ataque. Doncic manexaba a situación e España meteuse nun colapso ofensivo e con só 12 puntos anotados nun cuarto complicouse o partido.


Sen ser capaz de recortar a distancia no que quedaba de partido, as caras do banco español do último cuarto reflectían a decepción augurando a derrota que se ía facendo máis clara a cada minuto.


relacionada España reafirma ante a República Checa o bo arranque do Eurobasket
relacionada España gaña o quinto partido do Eurobasket e Pau Gasol fai historia

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress