Lucas Pérez: "Quero dar vitorias, goles e alegrías á afección"

|

Lucasperezentrenodepor"Aínda me falta", recoñece Lucas. Foto: RC Deportivo

Os malos resultados ata a data non están a minar psicoloxicamente a Lucas Pérez. O dianteiro compareceu este xoves antes os medios de comunicación, onde rexeitou vivir cun extra de presión tras a súa chegada. "Non é presión. Que che demostren ese agarimo é un orgullo e un eloxio. Todo ese agarimo quéroo transformar dando vitorias, goles e alegrías á afección", proclamou.


De todos os xeitos, non quixo poñerse prazos para estar ao cento por cento. "Aínda me falta, téñome que adaptar tamén aos xogadores novos do equipo", explicou. E insistiu en que "despois dunha pretemporada daquela maneira, o debut non é o desexado polo resultado".


O coruñés pide tempo para esa adaptación de todos, pero móstrase confiado en que o equipo deu un salto de calidade con respecto a tempadas pasadas. "Evidentemente, se non pensase que o Deportivo mellorou, non estaría aquí. Rexeitei moitas ofertas", argumentou.


Esa mellora, cre que foi posible grazas a poder "reter xogadores". "Non lembro o primeiro ano cantos cedidos había, pero eran moitos", lembrou, para xustificar que esa situación complica as aspiracións de calquera club.


relacionada Andone: "Tranquilidade, este equipo ten moito que falar"
relacionada Juanfran fai autocrítica: "Temos que subir o nivel"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress