Máis requisitos e máis control sobre as verbenas e festas populares

|

Orquestapanoramagalicia


O Goberno galego deu luz verde e enviará ao Parlamento a "primeira" lei autonómica que regula os espectáculos públicos e as actividades recreativas, unha norma que inclúe multas "graves" para a revenda, que queda "claramente prohibida", e para os organizadores de calquera espectáculo ou evento que supere o aforamento permitido.


Núñez Feijóo, e o vicepresidente, Alfonso Rueda, detallaron o contido desta norma, que establece ata 600.000 euros de multa para os casos de excesos de público e que tamén permite a entrada aos touros a partir dos 12 anos.


Tamén regula os requisitos para a celebración de verbenas e festas populares. Para as comisións de festas será obrigatorio contratar un seguro, do mesmo xeito que para calquera outro espectáculo que se celebre con público --a contía modularase en función da afluencia--, pero calquera outra documentación técnica (sobre escenarios móbiles) achegarana os empresarios ou as orquestras.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress