Louzán queda como único político imputado na Operación Patos

|

Louzandepo 1Investígase o amaño de concurso públicos.


A titular do xulgado de instrución número 7 de Vigo accedeu ás pretensións do Ministerio Fiscal e ditou auto acordando o sobresemento da chamada Operación Patos con respecto a todos os políticos que estaban a ser investigados, con excepción do ex presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, así como de varios empresarios e técnicos, para quen ordenou continuar o procedemento de instrución e abrir pezas separadas.


Segundo se recolle no auto, a xuíza decreta sobresemento parcial e provisional da causa con respecto a 23 dos investigados, entre eles o alcalde de Vigo, Abel Caballero; os concelleiros Isaura Abelairas, David Regades, Ángel Rivas e José Manuel Figueroa; varios funcionarios municipais de Vigo; a ex delegada da Xunta, María José Bravo Bosch, e diversos empresarios, entre outros.


Con todo, ordenou a apertura de pezas separadas con respecto ao resto de investigados. Son 13 persoas, entre as que está o ex presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán; e o empresario Enrique Alonso Pais, suposto 'conseguidor' dunha trama para amañar concursos públicos; a eles súmanse empresarios, e técnicos da Deputación, do Porto e do Concello de Vigo.


relacionada O fiscal pide deixar a Louzán como único político na 'Operación Patos'
relacionada Louzán sostén que actuou na Deputación "sempre cumprindo a legalidade"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress