Chegan a Madrid uns trinta españois atrapados no Caribe tras o furacán

|

AirbusA310ejercitoAirbus A310 do Exército.

O avión do Exército do Aire fretado polo Ministerio de Exteriores para evacuar os españois afectados polo paso do furacán Irma en Saint Martin chegou a Madrid á primeira hora da mañá deste xoves.


O Airbus A310 partiu o martes ao mediodía da base aérea de Torrexón de Ardoz, rumbo a República Dominicana, e este mércores chegou á illa de Saint Martin.


A aeronave abandonou a illa rumbo a España, cunha escala programada en República Dominicana, cunha trintena de españois a bordo, ademais dun grupo de nacionais comunitarios, segundo explicou o titular de Exteriores, Alfonso Dastis, en declaracións a Canal 24 Horas de RTVE.


O ministro agradeceu a actitude exemplar doutros cidadáns españois que decidiron voluntariamente permanecer en Saint Martin para colaborar nos labores de reconstrución da illa tras o paso do furacán 'Irma'.


Un equipo reducido da UMAER (Unidade Médica de Aeroevacuacion) viaxou no avión para poder dispoñer de asistencia médica en caso de ser necesaria.


relacionada Miles de turistas españois, atrapados en Cuba por culpa do furacán

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress