Unha conserveira galega lánzase a producir de forma sustentable algas para alimentación

|

AlgasalimentacionAlgunhas algas son considerados 'superalimentos'.


Conservas Mar de Ardora convértese na primeira empresa española que producirá de forma sustentable algas para alimentación, as cales serán distribuídas por Biocop.


Neste sentido, garántese a sustentabilidade da explotación, xa que a conserveira realiza un "control, seguimento e biomotorización" dos recursos para preservar poboacións e ecosistemas naturais.


Así mesmo, as algas son lavadas e limpadas a man, en auga de mar, "de forma coidadosa e evitando métodos mecanizados, co fin de non degradar a textura celular e procesos osmóticos", explica a compañía.


Ademais, para eliminar as partes non útiles (epífitos animais ou vexetais e as partes fermentadas ou deterioradas) críbanse unha a unha coa axuda dun coitelo. Este proceso é "cento por cento manual" e "consegue preservar todas as calidades e propiedades" das algas.


As algas levan anos sendo explotadas en España, pero agora esta empresa de dous mozos emprendedores galegos dá un novo enfoque a un produto con múltiples nutrientes.


relacionada O mercado chinés, atractivo para o sector agroalimentario galego

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress