Os alcaldes das mareas atacan o PP por "silenciar concellos" en Cataluña

|

AlcaldesmareasNoriega, Ferreiro e Suárez lanzaron unha mensaxe calcada.


Os alcaldes das 'mareas' de Santiago (Compostela Aberta), A Coruña (Marea Atlántica) e Ferrol (Ferrol en Común) critican que o PP "ataca a democracia silenciando concellos e criminalizando a discrepancia" en Cataluña.


Ante o 1-O, Martiño Noriega, Xulio Ferreiro e Jorge Suárez emitiron este mércores unha mensaxe idéntica a través das súas respectivas contas de Twitter na que subliñan que, ao seu xuízo, o que se necesitan son "solucións políticas" e "non xudiciais".


Alcaldesppcat


Ademais, os tres rexedores rematan a mensaxe lanzada de maneira simultánea cun irónico "#HolaDictadura".


ALCALDES PRESIONADOS


O presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), Abel Caballero, mostrou o seu apoio este mércores aos alcaldes cataláns que se están vendo presionados para colaborar ante o referendo e, ao mesmo tempo, insistiu na obrigación de cumprir a lei.


Entre eles, só hai unha capital de provincia, Xirona, e figuran tamén outros tan importantes como Manresa, Martorell, Vic, Igualada, Vilafranca do Penedés, Reus, Cambrils ou Sitges, entre outros.


Nunha nota de prensa, Caballero expresou que o cumprimento das leis e a lealdade á Constitución e a democracia, supón non dar apoio á celebración dun "referendo ilexítimo e ilegal en ámbitos municipais".


relacionada A Xustiza cita os alcaldes que desobedezan a suspensión do referendo
relacionada O PP lanza "un xornal propio" en cada cidade para desgastar os alcaldes
relacionada O TC suspende a convocatoria do referendo e notifícallo aos alcaldes

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress