Un asesor profesional para impulsar o talento individual dos santiagueses

"O Forno dos Soños", novo programa municipal de fomento do emprendemento, abre con 20 prazas.


|

Coachingemprendedores


O Forno dos Soños é un novo programa enmarcado dentro das actividades da iniciativa Compostela Móvese. O programa, que busca por en valor o talento individual e grupal das persoas que participen, comeza o 25 de setembro. As candidaturas poderanse presentar ata o día 21 deste mes.


O Forno dos Soños, tal e como explica o Concello de Santiago nun comunicado, "quere ser unha ferramenta para axudar na adaptación e a mellora da empregabilidade". O método de traballo son sesións individuais e colectivas dirixidas por un asesor profesional.


Hai 20 prazas dispoñibles. No caso de superarse este número, realizaranse entrevistas individuais para seleccionar as persoas admitidas.


DÚAS SESIÓNS ÁSEMANA


O programa dará comezo o próximo 25 de setembro e finalizará o 30 de novembro. Terá dúas sesións de traballo semanais e tres titorías individuais. Entre as actividades programadas están as de outdoor training ou de novas formas de deseño ou emprendemento, ademais das ditas sesións individuais.


O Forno dos Soños vai dirixido a persoas en desemprego que queiran mellorar ou reencamiñar a súa carreira profesional, persoas con proxectos en marcha e que non conseguen despegar e persoas que desexen aprender fórmulas de emprendemento para o futuro.


Terán prioridade na admisión as persoas de colectivos con máis dificultade no momento de poñer en marcha proxectos e iniciativas: mulleres, persoas en risco de exclusión social e persoas do rural e barrios.


relacionada ​Máis de 300 mozos de Santiago participarán nun plan de emprego xuvenil do Concello
relacionada As "sorpresas" de gobernos anteriores cústanlle a Santiago 1,5 millóns este ano

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE