Lobotka agarda facer un gran papel no Celta e ir ao Mundial

O futbolista esolvaco trata de adaptarse á "intensidade e presión" do fútbol español e conta que, de momento, o idioma é unha barreira para el.


|

LobotkaceltaO idioma é un obstáculo de momento. Foto: RC Celta


A boa actuación de Stanislav Lobotka na súa primeira titularidade co Celta dálle impulso para aspirar a todo co seu novo equipo. O xogador afirma que a posición de mediocentro gústalle "moito, na selección tamén xogo de seis".


Lobotka recoñece que "aquí o máis difícil é a intensidade porque hai moita presión en todos os equipos, aguantar o balón". Comparado co fútbol en Dinamarca, que "é máis de xogar en longo e menos técnico", o fútbol en españa ten, na súa opinión "moita calidade e xógase moi rápido".


Recoñece que o idioma de momento é un obstáculo para a súa adaptación. "Case ninguén fala inglés e eu non falo español, pero estou a asistir a clases e dentro duns meses espero falalo un pouco", explica.


En canto intégrese, o futbolista cre que o Celta é un bo escaparate para ir ao Mundial de Rusia. "Sería para min un soño. Vou facer o que poida para ir ao Mundial. Sei que o Celta me vai a axudar moito, pero hai que traballar duro e farei o que poida para estar nesa cita", contou.


relacionada O Celta presenta a Lobotka e busca equipo para Marcelo Díaz
relacionada Felipe Miñambres recoñece que "é difícil fichar e tamén manter os titulares"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE