Atrapan un home que apuñalou a unha muller en Silleda

A moza atópase ferida. Os investigadores apuntan que non existía ningún tipo de relación sentimental entre eles.


|

Guardiacivilcinta


Un home foi detido este mércores tras agredir cun coitelo a unha muller en Silleda. Entre ambos non existía ningunha relación sentimental, segundo fontes da Garda Civil consultadas por Europapress, polo que os investigadores consideran que non se trata dun caso de violencia machista.


Os feitos ocorreron en torno ao mediodía deste mércores en Silleda. A moza apuñalada atópase ferida, foi evacuada ao Clínico de Santiago en ambulancia, aínda que chegou a desprazarse un helicóptero por se necesitaba un traslado urxente.


En principio, segundo apuntan as mesmas fontes, non se trata dun novo caso de violencia de xénero, debido a que entre eles non había relación sentimental algunha. A TVG apunta a que o suceso se produciu nunha discusión laboral.


relacionada A moza de apuñalada pola súa ex parella en Santiago sae da unidade de críticos
relacionada Detido un home en Boiro por matar a puñaladas unha muller de 66 anos

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE