Galicia recibirá en 2018 tres novos 'supercargadores' de Tesla

|

Superchargertesla


A multinacional máis importante de coches eléctricos, Tesla, anuncia a instalación en Galicia de tres dos seus 'supercargadores', na ampliación da súa rede que pretende acometer antes de que remate 2018.


Tal e como recolle na súa web, Santiago, Lugo e Verín son os emprazamentos elixidos para este tipo de estacións de carga rápida que permiten encher as baterías do coche en menos dunha hora.


A compañía xa conta con cinco puntos de recarga na nosa comunidade. Denomínaos estacións de carga en destino, ao situarse en establecementos hostaleiros, de forma que os usuarios poden recargar mentres pasan a noite.


Actualmente estes puntos están na Casona da Labrada (A Pontenova), A Quinta da Auga e Hostal dos Reis Católicos (Santiago de Compostela), Reitoral de Ansemil (Celanova) e o hotel O Camiño (O Barco de Valdeorras).


De momento non se coñece a localización exacta dos novos 'supercargadores', máis aló das localidades. Nos seus plans, o máis preto da nosa comunidade que instalará estes puntos serán Ponferrada, antes de que acabe 2017, e Oviedo, á vez que os tres galegos.


relacionada Arrinca nas Pontes a I Edición da Volta a España en vehículo eléctrico
relacionada Galicia entra na batalla para fabricar os coches eléctricos de Tesla Motors

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress