Juanfran fai autocrítica: "Temos que subir o nivel"

|

JuanfrandeporJuanfran, nun adestramento. Foto: RC Deportivo

As cousas non están a saír segundo o esperado no Dépor. E non só polos resultados. Juanfran Moreno compareceu este martes ante a prensa e asumiu parte da culpa. "Hai xogadores moi, moi importantes que non estiveron ou que teñen que subir o nivel", entre os que se incluíu.


E aínda que recoñeceu que "non estamos a facer bo fútbol", pediu "tranquilidade", porque "isto acaba de empezar, hai moita marxe de mellora".


O lateral do Dépor defende que "é verdade que encaixamos moito, pero tamén marcamos goles". Ademais, insiste en que nos adestramentos "viñamos con mellores sensacións no día a día do que se está demostrando".


Cre que unha das claves é defender "lonxe", algo que identifica como un dos acenos de Pepe Mel, ademais de "ser máis compactos desde o primeiro minuto, non esperar a primeira hostia".


En calquera caso, valora que "cando tes boas individualidades sabes que todo vai saír", e nesa situación ve ao Dépor.


relacionada Fede Valverde aterra "motivado, con ganas de xogar o domingo"
relacionada O Dépor supera a cifra de socios da tempada pasada
relacionada Juanfran queda: "Nunca tiven ningún motivo para saír"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress