Felipe Miñambres recoñece que "é difícil fichar e tamén manter os titulares"

O director deportivo do Celta asegura que no club están "contentos" co equipo confeccionado "da man de Unzué".


|

MinhambresFelipe Miñambres. Foto: RC Celta


O director deportivo do Celta valora o equipo confeccionado para esta tempada. "As situacións que se deron eran as que esperabamos, estamos contentos. Foi da man do míster en canto a xogadores e posicións", sinalou.


Felipe Miñambres recoñeceu que "houbo ofertas" polos xogadores titulares "pero sen o valor que lle dabamos nós. É difícil fichar pero tamén manter a xogadores que deron un nivel tan alto a pasada tempada".


Por tanto, sinala que, a pesar do arranque, o Celta aspira a "quedar o máis arriba posible", pero sen referirse a posicións europeas. "Estamos nunha fase de cambio, pero iso non nos exclúe de ir a pola vitoria, os obxectivos vanchos marcando os partidos seguintes", insistiu.


Aínda que tamén lamentou que "temos menos puntos que os que merecemos". Por iso, afirma que no club son "optimistas". "Sabemos que a maioría dos xogadores pódennos dar máis e o equipo vai crecer", augurou.


En canto a renovacións, recoñeceu que continúan estancadas as negociacións con Radoja e Wass, que finalizan contrato en xuño de 2019, e que a de Sergio Álvarez só é cuestión de sentar co seu axente.


relacionada O Celta segue facendo os deberes pendentes do mercado de fichaxes
relacionada Pape Cheikh regresou a Vigo para despedirse do Celta
relacionada O Celta alixeira peso ás portas do inicio da liga

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE