Denuncian "barra libre" para implantar empresas que non respectan o medio ambiente

A plataforma Salvemos Cabana critica que a nova lei de fomento empresarial é "incompatible" coa protección ambiental.


|

Corcoestocabana


A plataforma Salvemos Cabana critica nun comunicado o borrador da lei de implantación industrial que o PP impulsa no Parlamento galego. Nel, rexeitan que pretenda simplificar a tramitación ambiental e recortar prazos, reducindo así o debate social sobre iniciativas industriais nas poboacións afectadas.


Salvemos Cabana considera o borrador unha "verdadeira oda ao neolibrealismo máis cru", que converte todo o territorio galego "nunha sorte de parque industrial".


Así, rexeitan que no texto "figuran afirmacións contrapostas e sen sentido" ao redor das referencias á "sustentabilidade ambiental", a protección do medio natural e o "escrupuloso respecto á Rede Natura 2000".


A plataforma alerta de que a norma abriría a porta á "barra libre" ao sector mineiro, acelerando as autorizacións e deixando "nunha situación de práctica indefensión os propietarios afectados, pois de saír adiante esta norma a fase de información pública pasaría na práctica a ter un carácter meramente testemuñal sen apenas efecto sobre a decisión administrativa".


Así, critcan que neste momento "moitos informes ambientais saen adiante sen o rigor debido, e onde non se valoran outros parámetros que non sexan os de primar as contas de resultados das grandes corporacións".


Unha situación que sufriría "unha nova volta de porca" ao contexto de "redución das normativas de protección da natureza e o territorio". Por iso, auguran "consecuencias imprevisibles", facendo crónico o "desastre" que sofre o medio ambiente en Galicia.


relacionada Salvemos Cabana celebra que Europa avance cara á prohibición total do uso do cianuro en minería

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE