Galicia opta a ser recoñecida como a rexión vitivinícola do ano

Compite contra outras catro zonas nos premios anuais que outorga a revista especializada americana 'Wine Enthusiast'.


|

VinotintoCompiten 5 rexións de todo o mundo.

Galicia opta a converterse na Rexión Vitivinícola do Ano 2017 no marco dos premios anuais que outorga a revista especializada americana Wine Enthusiast.


Esta publicación recoñece nos Wine Star desde hai 20 anos as personalidades, empresas e destinos vinculados co viño en todo o mundo.


Segundo informa a Xunta este luns nun comunicado, neste caso a publicación valora o gran potencial enoturístico da Comunidade galega, así como o traballo das cinco denominacións e a gastronomía.


De feito, presenta os viños das denominacións galegas como "dos máis interesantes de España". Galicia compite co condado estadounidense de Sonoma (California), rexións do Suroeste francés, a localidade italiana de Umbría e Margaret River (Australia).


relacionada A ausencia de pragas e enfermidades permite aumentar a produción de uva nas Rías Baixas
relacionada Cepas selecciondas desde 1990 e clonadas para asegurar a maior calidade do albariño

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE