A Diada de CatalunyaPress


Warning: Smarty error: unable to read resource: "articlecontent_sharev3.tpl" in /var/www/bigpress_alpha/libs/other/smarty/Smarty.class.php on line 1102
Manuel Fernando González


16300239 1391366947574526 8273919825927860954 o 1Imaxe de portada do Facebook de CatalunyaPress


Un once de setembro de 2008 nacía CatalunyaPress. Cada ano celebramos a nosa particular Diada coa ilusión de que, nese novo día do reestreado aniversario, demos un paso máis na dura pelexa de sacar adiante unha publicación que só ten un propósito resumido no seu lema fundacional: CatalunyaPress t'informa.


Non é sinxelo abrir as portas desta empresa cada día, e menos na Catalunya dos últimos anos, porque estes son tempos nos que non vale que a túa traxectoria profesional de máis de corenta anos acredite imparcialidade e loita pola liberdade, xa que agora o que realmente se valora é o bando no que te atopes, algo que é letal para os que non somos partidarios do enfrontamento e a división.


Por iso o pasamos mal, moi mal, e neste 11 de setembro de 2017 aínda peor, despois do que sucedeu a semana pasada no Parlament de Catalunya, que nos trouxo a malísima imaxe dunha Catalunya dividida e enfrontada ao resto dos españois, os nosos compatriotas durante os últimos cincocentos anos, que se di moi pronto.


Polo demais a nosa familia dixital creceu en cantidade e calidade. Daquel primeiro CatalunyaPress en 'catalá' e 'castellá' xurdiron Pressdigital; GaliciaPress -que se edita tamén en galego e castelan-; The Economy Journal publicado en español e inglés; o Pressdigital Japan que en xaponés difunde o noso día a día nese idioma; e, nos últimos meses, naceu VilaPress que se ocupa especificamente dunha información que nos é moi querida: a dos Concellos de Catalunya.


Somos xa un pequeno grupo con nome e apelidos: Press Digital Group, onde empresarialmente conservamos a estrutura familiar que é, ao noso entender, un valor engadido de compromiso e seriedade. Nada novo baixo o sol e por suposto, sen máis pretensións que a continuidade no tempo, xa que os beneficios modestos que se obteñen en cada exercicio polo patrocinio dos nosos anunciantes revértense ano a ano na mesma empresa que alenta o proxecto. É a nosa maneira de entender o xornalismo e así continuará o tempo que Deus queira.


Como estamos como estamos, este ano non celebraremos nin a nosa Diada, nin as diferentes Diadas que outros organizan nas rúas de Catalunya. Dóenos a alma e non estamos para festas. Hoxe será un día de traballo máis, iso si, menos agradable que o do ano anterior no que aínda tiñamos a esperanza de que o bo xuízo se acabase impoñendo nas mentes dalgúns dos nosos políticos. Desgraciadamente non foi así. Oxalá que no próximo once de setembro todo cambie radicalmente pero para mellor. Se non é así non merecerá a pena seguir publicando noticias sobre unha Catalunya rota e enfrontada. Querémola demasiado como para que sigamos dando malas noticias e peores titulares. 


Que pasen unha boa Diada familiar e que nada nin ninguén lla estrague.



Warning: Smarty error: unable to read resource: "articlecontent_share_inferiorv3.tpl" in /var/www/bigpress_alpha/libs/other/smarty/Smarty.class.php on line 1102

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress