A Veiga quere potenciar 'Astrotrevinca' para consolidarse como referencia

O municipio ourensán está recoñecido como un dos 14 destinos Starlight en todo o mundo, un selo de calidade para a contemplación das estrelas.


|

MiradorastronomicotrevincaMiradoiro astronómico en Pena Trevinca.


O Concello da Veiga acollerá entre os días 22 e 24 de setembro a IV edición das Xornadas 'Astrotrevinca', unha cita para os interesados en observar as estrelas coa que o municipio aposta por "converterse na referencia da astronomía en toda España".


Así o confirmou o alcalde da Veiga, Juan Anta, durante a presentación do programa de actividades nas instalacións da Deputación de Ourense. O acto tamén contou coa participación do vicepresidente do ente provincial, Rosendo Fernández e Óscar Blanco, organizador das xornadas.


Na súa intervención, Anta explicou que A Veiga "aposta" polo turismo astronómico como "buque insignia" para o desenvolvemento económico do municipio. Nesta liña sinalou que este verán se produciu un aumento das visitas turísticas "especialmente desde Galicia e outros puntos de España".


Así, cifrou en "preto de 250 persoas" as que participaron " en cada unha das catro xornadas" organizadas durante o pasado mes de agosto para presumir de ceo.


Cabe lembrar que A Veiga está recoñecido como un dos 14 destinos Starlight en todo o mundo, unha cualificación que se concede ás rexións nas que se pode observar con máis facilidade e dunha forma máis espectacular a bóveda celeste.


"REFERENCIA"


O rexedor anunciou que "ao longo deste ano haberá algunha iniciativa máis para converter o municipio en referencia do astroturismo en España", e aínda que non quixo ampliar a información, recoñeceu que "vai haber máis miradoiros" e melloraranse "as infraestruturas" relacionadas con este tipo de turismo.


Pola súa banda, o organizador das xornadas, Óscar Blanco, explicou que ao longo dos tres días haberá cinco conferencias e actividades a cargo de profesionais pero destinadas ao público xeral. Entre os temas tratados falarase da enerxía escura, a contaminación lumínica, o clima ou a fotografía nocturna.


Así mesmo, haberá dúas noites dedicadas á observación das estrelas "cun dos maiores telescopios que hai actualmente en Galicia", mentres que o domingo pola mañá os participantes poderán observar o sol da man da Agrupación Astronómica Coruñesa.


relacionada Comeza este martes a terceira edición da 'Ourense ICC Week'
relacionada Vigo mira o ceo para ver a choiva de estrelas das Perseidas

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE