O alcalde de Val do Dubra acusa ao PP dunha "moción de censura encuberta"

Os populares piden retirarlle o salario ao rexedor, a única dedicación exclusiva do concello.


|

ValdodubraalcaldeanovaAntonio Negreira, no centro.

O alcalde do municipio coruñés de Val do Dubra, Antonio Negreira (Anova), acusou ao Partido Popular de levar a cabo unha "moción de censura encuberta" no Consistorio a través dunha iniciativa na que pide a retirada do seu salario co obxectivo de que "renuncie" ao seu cargo, o único remunerado da corporación municipal.


Nunha rolda de prensa ofrecida en Santiago o rexedor dubrés, que informou de que a medida será debatida nun pleno o 22 de setembro, asegurou que esta estratexia dos populares supón "un intento máis" de "tentar que o cambio non se note en Galicia", como ocorreu xa, segundo indicou, noutros municipios como "Sanxenxo, Santa Comba ou Coristanco".


"Desde as eleccións de 2015, o Partido Popular non asumiu que os veciños lles denegaron a confianza para continuar gobernando en Val do Dubra e marcouse como único obxectivo na oposición obstruir, obstaculizar e impedir que se visibilizará o labor dun goberno que viña con novas ideas", sinalou.


Nesta actitude enmarcou a petición do PP local de que lle retiren o salario co argumento de que "hai atrasos nos pagos de facturas". "A única dedicación exclusiva que hai en todo o Concello é a miña, que cobro o soldo que percibía como profesor de FP", destacou Negreira, que lembrou que, á hora de marcar a súa retribución, a abstención de Terra Galega posibilitou que a medida saíse adiante.


En concreto, para que a retirada do soldo do rexedor saia adiante, os tres edís o PP necesitarían o apoio de dous concelleiros máis tendo en conta que na corporación municipal Anova conta con cinco concelleiros, o PP con tres, Terra Galega con dous e os Independentes por Dubra con un.


"ACTITUDE COVARDE E OPORTUNISTA"


Por iso, o rexedor cualificou de "covarde, oportunista e cínica" a petición dos populares, aos que pediu que lle deixen gobernar. "Salvo que queiran que o problema dos pagos se resolva só, é evidente que para poder traballar hai que ter un salario", manifestou para criticar que, coa súa actitude, os populares "dificilmente benefician os veciños".


Ademais, aproveitou para sinalar que, se hai atrasos nos pagos por parte do Consistorio, estes débense, en "gran medida" á falta de recursos persoais, "agravada", segundo indicou, pola problemática derivada da obrigatoriedade de que os municipios dispoñan de "habilitados nacionais" para poder ordenar os pagos. Tamén cargou contra a "caótica herdanza" que deixada polos populares na pasada lexislatura.


POSTURA DO PP


"Resúltanos curioso que despois de máis de dous anos á fronte da Alcaldía, o rexedor só reaccione cando lle tocan o peto no referente ao seu soldo", apuntou nun comunicado, o portavoz do PP local, Ramón Varela, que ve "confirmadas as verdadeiras preocupacións do mandatario".


O portavoz popular tamén rexeitou que esta sexa unha moción de censura encuberta ao asegurar que "o único que censura o PP é a forma de gobernar dun executivo local que está a comprometer o tecido empresarial e a economía da zona cun período de pago a provedores inaceptable para un municipio serio".


"Que pague aos provedores e, en canto así sexa, nós non teremos ningún problema en que se lle volva abonar", sinalaron os populares que piden ao alcalde que "se quere o seu soldo debe gañalo como fan todos os traballadores".


relacionada O PP dálle a alcaldía de Coristanco ao edil expulsado do PSOE
relacionada A alcaldesa de Lugo reta á oposoción a presentar unha moción de censura
relacionada O PP de Lalín descarta presentar a moción de censura contra o goberno de Cuíña

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE