Un garda civil de paisano reducen en Oroso un condutor bébedo e drogado

|

Gasolinera 2Imaxe de arquivo dunha gasolineira.


Un garda civil fóra de servizo retivo nunha gasolineira de Deixebre, no municipio coruñés de Oroso, un home que conducía ebrio e deu positivo en cocaína.


Os feitos ocorreron na tarde do venres, cando o home agora imputado, un veciño de Frades de 37 anos, saíu do coche para ouriñar nunha zona próxima aos chafarices da gasolineira. O garda civil, acompañado do seu fillo de 20 anos, recriminou ao individuo a súa actitude e correu cara a el para impedir que renovase a marcha.


Así, entre o garda civil, o seu fillo e os empregados da gasolineira lograron arrebatarlle as chaves do coche e reter o condutor ebrio. Así, chamouse á Benemérita, que procedía da zona de Pontecarreira onde xa fora requirida por outros cidadáns que tiveran un contratempo con este condutor.


O home foi inmobilizado e realizáronselle o correspondentes test, que arroxaron unha taxa de alcol de 0,89 miligramos por litro expirado nunha primeira proba e 0,79 na súa segunda. Ademais deu positivo en cocaína e intervéuselle unha bolsa con substancia branca para a súa análise toxicolóxica.


As dilixencias foron entregadas ao xulgado de garda de Ordes. O home imputado enfróntase a unha pena de prisión de entre tres e seis meses, con privación de carné de conducir a entre un e catro anos.


relacionada A Garda Civil caza un condutor cambiando de sentido en plena autoestrada
relacionada Un condutor bébedo intenta agredir en Ferrol os policías que lle deron o alto​

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress