Renfe incorpora Lugo, Ourense e A Coruña á súa oferta de Trens Turísticos

|

TrenturisticorenfeTren turístico de Renfe.


Os Trens Turísticos de Galicia, que puxo en marcha Renfe o pasado verán en colaboración coa Axencia de Turismo da Xunta de Galicia e o Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico, amplían os seus percorridos durante este outono ás cidades da Coruña, Lugo e Ourense.


Nun comunicado, os promotores desta iniciativa afirman que esperan que as novas propostas "consigan tan boa acollida como as desenvolvidas durante o verán e que permitiron descubrir a moitos viaxeiros algúns puntos de interese da xeografía galega".


Unha das propostas que se pon en marcha este outono consiste en descubrir a cidade Lugo mediante a 'Ruta Lugo Romano', que conta con dúas saídas desde A Coruña (e achegamento opcional desde Santiago), unha o 30 de setembro e outra o 28 de outubro.


relacionada Rutas para peregrinos e termalismo, novos itinerarios dos trens turísticos de Renfe

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress