O 'Pulpo Extreme' premia as deportistas con cantidades "moi inferiores" aos homes

O BNG denuncia que a proba de descenso urbano deste festival, patrocinado pola Xunta, discrimina e "cimenta as desigualdades".


|

Pulpoextreme

A proba de descenso urbano, sinalada. Foto: Pulpo Extreme


A deputada por Ourense e responsable de Acción Feminista do BNG, Noa Presas, reclama á Xunta que retire o patrocinio ao festival de cultura urbana e deportes extremos 'Pulpo Extreme 2017', pola discriminación cara ás mulleres deportistas.


E é que, tal e como denuncia nun comunicado, as contías dos premios da proba de descenso urbano son "moi inferiores" respecto dos deportistas masculinos. A deputada non se mostra convencida coas explicacións dadas pola organización.


A organización do 'Pulpo Extreme' xustifica a diferenza nos premios polo número de inscritos en cada categoría da proba de descenso, onde só participa unha muller.


A parlamentaria advirte que se a Xunta persiste no patrocinio á competición, incorrerá no "incumprimento da súa Lei de Igualdade", polo que o BNG pedirá explicacións na Cámara galega.


A deputada cualifica de "escándalo" que a mesma proba outorgue un primeiro premio masculino dotado con 1.000 euros e o feminino só con 300. Para a nacionalista, esta discriminación "cimenta as desigualdades" e as administración públicas non poden ser "cómplices", polo que reitera que a Xunta debe tomar medidas urxentes e corrixir esta situación ou ben retirar definitivamente o patrocinio ao certame deportivo.


Por outra banda, Presas tamén denuncia discriminación lingüística ante a publicidade e información do evento "exclusivamente en castelán" a pesar de estar patrocinado e coorganizado polas administración públicas.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE