A contaminación en Praia América afecta tamén a outro areal de Nigrán

A Xunta detecta un nivel elevado de bacterias fecais en Area Fofa. O acalde ve unha "persecución" contra o municipio.


|

AreafofanigranArea Fofa, en Nigrán. Foto: turismo.gal


A Xunta detectou que o episodio de contaminación microbiolóxica que afecta desde o 9 de agosto á desembocadura do río Muíños, en Praia América (na localidade pontevedresa de Nigrán), afecta tamén á praia de Area Fofa.


Así as cousas, comunicou que as últimas mostras recollidas deron positivo na bacteria fecal Escherichia coli, cunha proporción superior á aceptable --'1700 NMP/100ml en Area Fofa e '2000 NMP/100ml na desembocadura do río Muíños--.


A Administración autonómica incidiu en que se se detecta un episodio de contaminación, os concellos están obrigados a comunicarllo á poboación con carteis informativos que prohiban ou recomenden absterse do baño de forma temporal --ata que finalice o episodio--.


O Concello de Nigrán e a Xunta estiveron cruzando acusacións debido a este episodio de contaminación microbiolóxica, a raíz de que a Administración autonómica abrise expediente sancionador á entidade local por "ocultar" a situación aos bañistas.


O alcalde, Juan González, tachou de "persecución" o enfrontamento co Goberno galego, ao que acusa de "mentir unha vez máis para danar a imaxe do municipio". Ademais apunta a "intereses políticos" do conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, que é coordinador comarcal do PP.


relacionada Nigrán e a Xunta enfróntanse polas contaminación de Praia América
relacionada Nigrán ocultoulles aos bañistas a contaminación da auga en Praia América

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE