A reforma da Lei de Saúde deixa no camiño a "prevención"

|

HospitalcostavillaresVillares, no hopsital de Burela.

O portavoz parlamentario de En Marea, Luís Villares, denunciou que a nova Lei de Saúde anunciada polo Executivo autonómico "obvia a finalidade de prevención", xa que a "educación en saúde" é un tema no que "non se profunda" na reforma do sistema sanitario público galego.


"Queremos que a saúde de Galicia se teña en conta na Lei de Saúde. Podería ser unha redundancia pero non é así. Está a obviarse a finalidade de prevención", declarou este xoves Villares en Burela, onde mantivo unha reunión coa xunta de persoal da área sanitaria da Mariña para expresarlles o seu apoio ás mobilizacións convocadas en protesta pola reforma do Sergas.


Así, reiterou o rexeitamento de En Marea ao anteproxecto de reforma da Lei de Saúde e reclamou "o mantemento do carácter público" e que se free a "privatización" do sistema sanitario galego.


Deste xeito, Villares denunciou a "deterioración constante" que "está a sufrir" a atención primaria e a "falta de médicos" ante a non cobertura de baixas, situación que, segundo lembrou, se viviu este verán en lugares da Mariña como Xove ou Cervo.


Por iso, avanzou que En Marea se sumará ás mobilizacións convocadas para as próximas semanas en protesta pola reorganización do mapa sanitiario de Galicia, que reducirá as áreas sanitarias de 14 a sete.


"Non queremos o afastamento da prestación sanitaria do conxunto da poboación. Queremos que as mulleres da Mariña dean a luz no Hospital da Costa e non teñan que desprazarse a Lugo continuamente", concluíu.


relacionada Críticas aos intereses ocultos da reforma da Lei de Saúde galega
relacionada O PSdeG esixe debate e consenso para a reforma da Lei de Saúde galega
relacionada José Blanco denuncia "mala utilización" de fondos da UE coa reforma sanitaria

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress