Convocado o referendo ilegal á espera de que o TC o tombe
Rajoy solicitou ao alto tribunal non limitarse a unha "mera declaración de nulidade", senón a avanzar nas medidas para parar o desafío independentista.
Comparecencia do Govern tras a firma.
Unha vez que a maioría independentista logrou aprobar con nocturnidade a lei do referendo, o presidente catalán, Carles Puigdemont, reuniu con carácter de urxencia o Consell Executiu para aprobar o decreto de convocatoria do 1-O.
Con este xesto, Puigdemont asegúrase -aínda que só sexa por unhas horas- un efecto dramático: que a dita lei e a convocatoria do referendo ilegal estea en vigor ata que o Tribunal Constitucional (TC) o tombe este 7 de setembro, a moi poucos días da Diada.
O incidente de execución de sentenza presentado polo presidente do Goberno insta o Tribunal a non limitarse a unha "mera declaración de nulidade" dos actos impugnados e a acompañar esta decisión de "todas aquelas medidas que sexan necesarias para evitar a continuación da vía de feito do Parlament no chamado proceso de secesión de Catalunya".
Escribe o teu comentario