A aeroliña Vueling conectará Alvedro con Mallorca a partir do mes de abril

|

VuelingmallorcaA ruta cústalle ao concello 1,5 millóns.


O aeroporto de Alvedro contará a partir de abril cunha ruta a Mallorca, en virtude do acordo do Consistorio coa compañía Vueling, segundo informou o concelleiro de Emprego e presidente do Consorcio de Turismo, Alberto Lema.


En rolda de prensa, aludiu ao "destacable aumento" da oferta do aeródromo que, a partir do ano que vén, incrementará os seus asentos "nun 5%", manterá as frecuencias a Barcelona e Valencia e ofertará a nova ruta a Mallorca.


O edil mostrou a súa satisfacción por un acordo co que o concello establece un novo convenio de promoción por valor de 1,5 millóns de euros. "Non só imos experimentar un crecemento da oferta e das rutas, senón que, ademais, logramos un aforro importante respecto de investimentos do anterior executivo", expuxo.


FRECUENCIAS


Por outra banda, subliñou o "excelente resultado" da terceira frecuencia a Barcelona, "cunha taxa de ocupación moi alta". Sobre esta ruta, precisou que o compromiso da compañía pasa por manter o incremento de ata 20 frecuencias semanais ao que chegou o pasado exercicio, aínda que con horarios "mellorados.


En concreto, está previsto que se desenvolva en horarios de mediodía. En canto á de Mallorca, indicou que terá dúas frecuencias semanais a partir do próximo verán para, posteriormente, manterse todo o ano.


relacionada Suspendidos os paros parciais dos controis de seguridade en Alvedro
relacionada Santiago e Vigo perden pasaxeiros en febreiro fronte ao crecemento de Alvedro

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress