Pantilimon xa coñece os compañeiros: "Andone só me falou cousas boas"

O gardameta asegura estar "en condicións" de xogar o domingo contra a Real Sociedade, pero "é decisión do míster".


|

PantilimonCostel Pantilimon, no seu primeiro día co Dépor. Foto: RC Deportivo


Costel Pantilimon é o protagonista deste mércores no Dépor. O novo porteiro chegou da concentración coa selección nacional de Romanía para pasar recoñecemento médico á primeira hora e visitar Abegondo a coñecer os seus compañeiros e técnicos.


Pola tarde púxose xa ás ordes de Manu Sotelo, preparador de porteiros.


Nas súas primeiras declaracións aos medios de comunicación, Pantilimon confesou que Florin Andone, co que estivo concentrado estes días con Romanía, tivo boa parte de culpa da súa fichaxe polo Deportivo: "Faloume só cousas boas. El é moi feliz aquí. Xente marabillosa, club marabilloso, precioso para xogar ao fútbol".


Dixo sentirse en condicións para debutar este domingo ante a Real Sociedade en Riazor, se o técnico o considera oportuno: "Estou en condicións. É decisión do míster".


Pantilimon manifestou coñecer o Dépor a través de Florin Andone "e cando xogaba a Liga de Campións".


Ve a súa chegada á liga como un reto, "despois de seis tempadas na Premier League. Estou moi ilusionado e desexando ver como se xoga aquí".


relacionada Pepe Mel recoñece o salto de calidade do Dépor: "Teño un gran equipo"
relacionada A intervención de Tino Fernández "a última hora", clave para traer a Lucas Pérez

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE