O concello da Coruña paga alugueres en Arteixo a chabolistas realoxados

O alcalde do municipio veciño alerta de problemas de convivencia con outros veciños, que di que están "ameazados".


|

ChabolasincendioIncendio nun poboado chabolista.


O alcalde de Arteixo, Carlos Calvelo, do PP, reclamou ao goberno local coruñés que "deixe de pagar" alugueres a chabolistas neste municipio tras asegurar que se están rexistrando problemas de convivencia debido ao realoxamento dalgúns deles nesta localidade.


En rolda de prensa, remitiuse a "queixas" da asociación de veciños de Meicende e doutros veciños pola política que, segundo expuxo, está a levar a cabo o concello da Coruña.


En concreto, denunciou o "pago" en pisos de Arteixo do aluguer a chabolistas procedentes da Coruña. Por iso, responsabilizou ao Consistorio coruñés dos "altercados, agresións ou o dano ao patrimonio" que poida haber nestes edificios.


REALOXAMENTOS NA CORUÑA


"Non pode ser que ningún veciño viva ameazado por unha errónea política de realoxamento que practica A Coruña", sentenciou o rexedor. Por outra banda, expresou expresou a súa preocupación cos novos realoxamentos procedentes do poboado da antiga conserveira Celta.


Ademais, dixo que "o lóxico é que os chabolistas da Coruña se realoxen na súa propia contorna, non que os envíen aos concellos veciños".


relacionada A Coruña traza un plan para erradicar as infravivendas da Pasaxe

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE