A Deputación da Coruña adhírese á campaña 'En negro' contra a violencia machista

|

Ennegroviolenciamachista 1Escaparate participante na campaña.


A Deputación da Coruña sumarase este ano á campaña 'En negro', unha iniciativa para denunciar a violencia machista.


En concreto, a responsable da área de Igualdade, Ánxela Franco, confirmou o apoio aos concellos no desenvolvemento desta iniciativa.


Fíxoo coincidindo cunha reunión convocada por esta área con representantes municipais "para avanzar na coordinación da campaña", segundo o organismo provincial coruñés.


En total, 25 concellos da provincia, o que supón a metade dos participantes, incorporaranse a esta iniciativa que se difunde en espazos públicos e, sobre todo, no sector do comercio.


"A campaña demostrou que é unha forma impactante de concienciar a sociedade contra a violencia de xénero e, por iso, a Deputación da Coruña quere participar e apoiar os concellos para que a imaxe negra de denuncia se expanda". Neste sentido, a deputada comprometeuse a estudar distintas fórmulas de colaboración cos concellos para ampliar a campaña.


relacionada Acordo unánime por un pacto galego contra a violencia machista

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress