O Sergas privou a un médico inxustamente do prorrateo de gardas durante a paternidade

|

BebepaternidadNin a EOXI nin o Sergas respondéronlle.

O xulgado Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo estimou a demanda interposta por CESM Galicia, en nome dun facultativo especialista de Reumatoloxía do Hospital Lucus Augusti (HULA), na que recoñece o dereito a percibir o prorrateo de gardas correspondente ao período de goce de permiso por paternidade deste médico.


Segundo informa CESM Galicia, este médico "gozou do permiso por nacemento de fillo (paternidade); e así mesmo do permiso por parto (uso compartido baixa maternal coa esposa)", pero "nos ditos períodos de baixa por paternidade/maternidade, o facultativo non percibiu a cantidade correspondente ao prorrateo de gardas".


Por iso, inicialmente, o médico solicitou á dirección de xerencia do HULA-EOXI Lugo, Cervo e Monforte que lle abonasen o prorrateo de gardas correspondente aos citado períodos, pero "non obtivo resposta".


Posteriormente, o facultativo interpuxo recurso de alzada ante a Dirección de recursos humanos do SERGAS, "e tampouco obtivo resposta no prazo legalmente establecido".


En consecuencia, o facultativo, defendido por CESM Galicia, "viuse obrigado a acudir aos tribunais de xustiza, que agora recoñeceron o seu dereito para percibir o prorrateo" de gardas correspondente aos períodos do permiso de paternidade e maternidade (uso compartido).


relacionada O Sergas gastará 180.000 euros en cambiar o cartel de catro hospitais
relacionada O PSdeG atribúe ao "abandono" o regueiro de baixas e vacacións que o Sergas non cobre
relacionada "Axuste orzamentario" como escusa para non pagar a 50 sanitarios de Santiago

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress