Setembro negro en Catalunya

Manuel Fernando González Iglesias

Puigdemont Junqueras

Carles Puigdemont e Oriol Junqueras na rolda de prensa de urxencia tras a decisión do Tribunal de Contas


Artur Mas, Joana Ortega, Irene Rigau, Francesc Homs, Lluis Bertrán, Josefina Valls, Carolina Pardo, Jaume Domingo, lgnasi Genovés, Jordi Serra i Catalán e Jordi Vilajoana i Rovira van ser os primeiros en pagar os pratos rotos desta vaixela independentista que acaba de caer esnaquizada pola primeira acción-reacción que iniciou o Tribunal de Contas e que, naturalmente, provocou unha rolda de prensa urxente na que compareceron ao unísono "os príncipes do procés", Carles Puigdemont e Oriol Junqueras, aos que os xornalistas vimos nerviosos e encabuxados.


Pola mañá, fiscais e xuíces de forma solemne anunciaban ante o Rey, nun clima de tensión contida, a súa vontade inequívoca de defender a unidade da nación española aplicando a lei de forma contundente e serena. Pouco antes, Pedro Sánchez nun almorzo de traballo e Albert Rivera que era recibido por Rajoy, expresaran publicamente a súa disposición para apoiar o Goberno ante esta xornada histórica de desconexión que promoverán dous grupos políticos no Parlament de Catalunya e que destapará a caixa dos tronos da actuación do Goberno de Madrid e todas as súas ferramentas legais para ¿frear? o vendaval que lle vén encima á España Constitucional.


Se os acontecementos se desenvolvene segundo o previsto, o Tribunal Constitucional, a Fiscalía Xeral do Estado e os tribunais de Cataluña van ter un papel preponderante neste horrible choque de trens que imos vivir de forma tan dramática como indeseada todos os cataláns, sexamos independentistas ou constitucionalistas. Téñao por seguro todos aqueles, dun ou outro bando que caldearon o ambiente, para desespero dos que sempre defendemos o diálogo e o sentido común como elementos alternativos ao enfrontamento fratricida, ao tancredismo suicida ou ao chulesco e impresentable si é si dos soberanistas.


Desde logo, este mércores, 6 de setembro, será un dos días máis tristes da nosa convivencia en común na democracia que con tanto alborozo celebramos cando fomos todos capaces de conseguila tras a morte do xeneral Franco. Ver como agora a esnaquizamos, a este xornalista, non sei se a Vds. lles pasa o mesmo, rómpelle a alma.


De momento, aos que citou o Tribunal de Contas a desafección vailles custar máis de cinco millóns de euros. Unha cantidade que lles pode facer perder o seu patrimonio persoal e convertelos en solicitantes da solidariedade económica pública dos seus compañeiros de aventura. Logo virán outras multas, inhabilitacións e, se os tribunais entran na dinámica do delito de sedición, un cárcere coma no que o Estado meteu a Arnaldo Otegi e a República levou ao Porto de Santa María a Companys e varios Consellers da Generalitat.


E se, no medio de todo este panorama, algún iluminado ademais comete unha felonía contra os seus adversarios políticos, entón si que tocariamos fondo, pero... de verdade. Son situacións que haberá que afrontar, sen que exista unha lóxica política en todo o relato.


Setembro negro en Catalunya... Setembro moi negro.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE