O Celta segue facendo os deberes pendentes do mercado de fichaxes

|

EmremorceltabufandaEmre Mor, do día da súa firma. Foto: RC Celta


O peche do mercado de fichaxes máis tarde do inicio de Liga deixou tarefas pendentes en Vigo. Se Pape tivo que regresar para despedirse, o que volve este venres para presentarse ante a afección é Emre Mor.


O Celta anuncia na súa web a cita, para a que "anima a todos os afeccionados a acudir para darlle unha calorosa benvida". A cita, ás oito da tarde en Balaídos.


E é que Emre Mor estivo de viaxe fugaz na cidade, unicamente para asinar. Xusto despois de selar o seu compromiso co club, marchou para a concentración coa selección de Turquía. 


relacionada Pape Cheikh regresou a Vigo para despedirse do Celta
relacionada Emre Mor asina por cinco tempadas nunha visita lóstrego a Vigo

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress