Pedro Sánchez inclúe a Galicia entre as nacións que conforman España

|

Pedrosanchezmitin2


O secretario xeral do PSOE explicou hoxe, durante a súa intervención nos Almorzos Informativos de Europa Press, o seu concepto de "nación de nacións" asegurando que ademais de España, que é unha nación e "non só un Estado", en termos históricos tamén tería esta consideración "polo menos" Cataluña, País Vasco e Galicia.


O dirixente socialista respondía así á pregunta de cantas nacións ten España e quixo deixar claro tamén que "España é unha nación" en alusión a que os independentistas "a chaman Estado, non nación".


Neste sentido, precisou que a nación "non se identifica cos límites dun Estado, senón que nun Estado poden compartir territorio máis dunha nación". E en España, segundo expuxo, hai "polo menos" tres territorios que manifestaron a súa vocación de ser nación, trátase do País Vasco, Cataluña e Galicia.


Para Pedro Sánchez, quen nega que España sexa unha "nación de nacións" negan que en España haxa máis identidades.


"A BASE DE GOLPES"


Pedro Sánchez tamén se referiu ao seu regreso como líder socialista, asegurando que o "aceiro se forxa a base de golpes" e que el se sente "máis e mellor temperado".


O dirixente socialista considerou o día de hoxe como un "bo momento" para mostrar o seu agradecemento a todas as persoas que o acompañaron desde o Comité Federal do 1 de outubro de 2016, no que se viu obrigado a presentar a súa renuncia, ata o pasado mes de xuño en que foi reelixido de novo como secretario xeral do PSOE.


A súa conclusión, tras estes meses en que librou a batalla por recuperar o liderado do partido, é que o que lle ocorreu a el "non é alleo ao que lles ocorre a outros: atopar obstáculos na vida".


"O que non te mata faite máis forte", exclamou, parafraseando o coñecido refrán, para lembrar a continuación que "o aceiro se forxa a forza de golpes" e que el sente agora "máis e mellor temperado" para afrontar o traballo de lograr unha España "máis xusta e diversa".


OS SALARIOS, PREOCUPACIÓN CENTRAL


Pedro Sánchez tamén anunciou que vai propoñer un novo pacto de rendas ao Goberno e aos axentes sociais para que os salarios suban entre o 2,5 e o 3,5 por cento nos próximos 4 anos.


O dirixente socialista deixou claro que traballará para que a recuperación económica e as ganancias de produtividade se trasladen aos salarios dos traballadores e propoñerá que en 2018, a suba salarial se sitúe entre o 2 e o 3 por cento, cunha media do 2,5 por cento.


Ademais, anunciou que o vindeiro venres anunciará un paquete de medidas que acompañarán a esta proposta e que incluirán a protección dos traballadores autónomos, a recuperación da negociación colectiva, a recuperación igualdade laboral e o desmonte da reforma laboral.

relacionada O PSOE propón abordar canto antes a "modernización" do Estado autonómico

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress