A Garda Civil despregou un control antiterrorista preto da fronteira con Portugal

|

ControlantiterroristatominhoImaxe do dispositivo especial.


A Garda Civil despregou este luns un control antiterrorista na estrada PO-552, na localidade de Amorín, no termo municipal de Tomiño, unha zona próxima á fronteira entre Tui e Valença.


Segundo informaron fontes do Instituto Armado, no operativo, realizado durante a mañá, participaron 10 efectivos dos distintos postos da comarca, e contaron coa colaboración dunha dotación do destacamento de Tráfico do Porriño, así como do Servizo Cinolóxico, cun can detector de explosivos.


Este dispositivo forma parte do plan de controis programado pola Comandancia da Garda Civil de Pontevedra, como unha das medidas de reforzo adicional do nivel 4 de alerta antiterrorista.


Durante o tempo que durou este control, inspeccionáronse de forma aleatoria 17 vehículos, comprobouse a documentación de 21 persoas e formuláronse tres denuncias por distintas infraccións ao Regulamento Xeral de Circulación.


relacionada Máis policías locais e mellor formados contra o terrorismo xihadista
relacionada O Goberno mantén no nivel 4 a alerta terrorista

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress